Ponteareas comprométese coa diversidade

Programa de actividades para o Día Internacional contra a LGTBIfobia

Ponteareas | O Concello de Ponteareas de Ponteareas comprométese co impulso de políticas de diversidade encamiñadas á loita contra a LGBTIfobia e “fomentar así que todas as persoas poidan vivir unha vida sen medos, en liberdade e sen armarios”, así o traslada a alcaldesa, Nava Castro, que dará lectura ao manifesto con motivo do Día Internacional contra la LGTBIfobia.

A alcaldesa adianta o compromiso do seu goberno a promocionar accións encamiñadas a sensibilizar contra as múltiples discriminacións que sofren as persoas trans e polo recoñecemento de que as persoas non binarias e intersexuais tamén existen.

A Concelleira de Benestar Social, Raquel Plana, será a encargada de abrir o programa de actividades que se desenvolverán dende ás 10:30 horas ata as 24:00 horas nos Xardíns da Xiralda, detrás da Casa do Concello. Obradoiros de manualidades, de xogos e de caracterización e maquillaxe; actuación de Humberto Longueira con “Rianxeira”, desfile, karaoke e proxección da película “A moza danesa” terán lugar ao longo de todo o día coa lectura do manifesto ás 18:30 horas.

A concelleira de Benestar Social quere agradecer o traballo do persoal do seu departamento e a colaboración de Humberto Longueira no deseño da programación que promove a visibilización e sensibilización a través de actividades compartidas e nas que poden participar todos os públicos.

“Visibilizar e compartir e fundamental para normalizar. Todos somos responsables porque todos formamos parte da sociedade por iso o noso obxectivo era deseñar un programa entretido e coa capacidade de xerar conciencia e momentos grupais nos que interactuar porque unha sociedade máis xusta é cousa de todas e todos”.

Programación 28 de xuño
Mañá, de 10:30 a 14:00 horas

1. 10:30-11:00 h- Discurso da Concelleira de Benestar Social: Raquel Plana
-Presentación de Humberto Longueira.
-Exposición da súa traxectoria persoal.
-Vídeo explicativo do percorrido do LGTBIQ+ ao longo da historia
-Actuación de “Rianxeira”, por el transformista Humberto Longueira.
-Presentación do banco coas cores LGTBIQ+ (pintado en A Freixa ,xunto ás pistas de tenis)

2. 11:00-14 h -Espazo lúdico:

3.1. OBRADOIROS DE XOGOS
-Quitz
-Pasapalabra (rosco)
-Quen es quen

3.2. OBRADOIROS DE MANUALIDADES
-Creación de pulseiras
-Confección dun collage
-Realización dunha máscara (tipo Drag Queen, Drag King, etc)

Tarde, de 17:00 a 24:00 horas

1. 17:00-17:10-Actuación de “Rianxeira”: Humberto Longueira
2. 17:10-18:30- Obradoiro de Maquillaxe e caracterización
3. 18:30 -18.45: Lectura do Manifesto: Alcaldesa M.ª Nava Castro e concelleira Raquel Plana
4. 18.45-19 h: Actuación de “Rianxeira”
5. 19-20 h -Desfile
6. 20 -22 h : Karaoke
7. 22-24 h: Proxección da película: “A moza danesa”

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.