• Segue conectado
  • |

Ponteareas adxudicará este mes a continuación das obras do primeiro tramo da rúa San Roque

Está aberto o prazo ata o 16 de xullo para que as empresas poidan presentarse a través dun concurso público aberto

Ponteareas | O Concello de Ponteareas informa que ten previsto adxudicar neste mes de xullo o contrato de continuación da obra de reurbanización do primeiro tramo da rúa San Roque. Neste momento está aberto o prazo de licitación ata o vindeiro día 16 de xullo, ás 14 horas, para que as empresas poidan presentarse a través dun concurso público aberto para a execución deste proxecto que conta co financiamento do concello de Ponteareas e dos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea a través da estratexia EDUSI.

O orzamento de licitación é de 101.672,93€ dos que o Concello aportará 20.334,58€ e os fondos europeos FEDER 81.338,34€. Estas obras xa foran inicialmente licitadas por 171.693,07€ e tras o abandono da obra por parte da empresa adxudicataria o Concello iniciou as medidas legais oportunas para poder rematalas.

O goberno local explica que se seguiron todos os procedementos administrativos precisos que son “complexos pero imprescindibles” para garantir a legalidade do concurso, prazos que se prolongaron coa parálise do estado de alarma e agradece a comprensión das e dos veciños da zona que tiveron que padecer as consecuencias de estar durante todo este tempo coa rúa levantada e sen que o Concello poidera rematar a obra.

Publicado o 10 Xul 2020 en Ponteareas, Urbanismo.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies