“Ponte …nas ondas” premio Ondas 2014

PONTE…NAS ONDAS! recollerá o premio ONDAS 2014  á mellor cobertura informativa no seu 20 aniversario

Os galardóns máis prestixiosos en España de radio, televisión, música e publicidade recoñecen o traballo da Asociación Pedagóxica e Cultural Ponte…Nas Ondas! e o labor de Xurxo Souto á fronte do programa transfronteirizo Ponte…Nas Ondas!

Desde a Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE…NAS ONDAS! manifestamos a nosa máis profunda ledicia por acadar o premio ONDAS, o recoñecemento máis prestixioso no ámbito da comunicación. Este premio chega cando se están a celebrar os 20 anos de actividade. Ponte…nas Ondas! integra no labor educativo o traballo activo cos medios de comunicación, as TICs e o patrimonio cultural. Ao longo destas dúas décadas ten producido discos e libros como Meniños Cantores, Cores do Atlántico ou NA PONTE, o libro-disco-dvd que se presentou cun “radiovisual” conducido por Xurxo Souto.

Ponte…nas Ondas! ofrece este premio ao alumnado dos centros educativos que son os protagonistas da xornada de comunicación, ao profesorado que fai posible que a experiencia, aos profesionais dos medios de comunicación que colaboran e a todas as persoas que pasan pola nosa ponte.

Agora, Ponte…nas Ondas! emprende un novo reto: conseguir que o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués sexa inscrito na Lista Representativa do Patrimonio Mundial da UNESCO. Un labor que comezou hai máis de dez anos e no que a Asociación conseguiu o apoio de asociacións, institucións e mesmo dos Estados español e portugués.

Outros artigos