Ponte nas Ondas no XIX Congreso Mundial de Educadores

Os organizadores destacaron que a prática pedaxógica intercultural de PNO! merece ser divulgada a educadores de todo o mundo

Ondas

O XIX Congresso Mundial de Educadores desenvolveuse do 11 ao 13 de abril na UNICAMP – Universidade Estadual de Campinas. No evento participaron entre máis de 600 educadores e educadoras do Brasil e de todo o mundo sob o lema: EU SOU PORQUE NÓS SOMOS.

Ponte…nas ondas! presentou a súa experiencia na Mesa dos Povos da Lusofonia xunto com outros proxetos de diferentes países como Angola e Cabo Verde. Santiago Veloso, o coordinador da Asociación interviu nesta mesa do segundo día do congresso, o día 11, xunto co sociólogo e professor da Universidade Agostinho Neto de Angola, Laurindo Vieira e a profesora Débora Mazza, do Departamento de Ciências Sociais na Educação da UNICAMP de Brasil.

Santiago Veloso explicou a actividade desenvolvida por Ponte…nas ondas! durante os 22 anos de existencia. Centrou a súa intervención no labor desenvolvido co patrimonio inmaterial galego-portugués no ámbito social e das escolas. Ao mesmo tempo defendeu a transmisión deste patrimonio ás novas xeracións tal como se contempla na Convención do Patrimonio Inmaterial da UNESCO em vigor desde o ano 2006. Ademais, os traballos realizados para a presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial na UNESCO foron relatados como unha experiencia a divulgar. No mesmo acto proxectouse un vídeo sobre as actividades de Ponte…nas ondas!

No Congreso expuxéronse os materiais editados pola asociación durante as duas décadas de astividades: o disco Meninos Cantores, o libro-disco Cores do Atlântico ( publicado no Brasil pela editora Latus da Universidade Estadual de Paraiba ) e o libro-cd-dvd Na ponte. Estas publicación tiveron unha excelente acollida recoñecendo nas actividades desenvolvidas por Ponte…nas ondas! unha excelente práctica pedagóxica intercultural merecendo ser divulgada aos educadores de todo o mundo.

Ondas

 

EU SOU PORQUE NÓS SOMOS

O tema do congreso foi o contexto social no que se desenvolven as prácticas educativas cunha abordaxe directa ao papel dos educadores sociais. O Congresso reuniu algúns dos mais destacados pensadores da educación social, a educación popular e a educación non formal con axentes dos procesos habituais de transformación social que constrúen estratexias de supervivencia e resistencia para os non incluídos no sistema económico dominante.

Ademais das mesas de debates, das mostras de traballos, exposicións de proxectos, das tendas e da feira da economia solidaria, a diversidade cultural do Brasil tivo unha importante presenza de grupos de música e de folclore dos diferentes estados brasileiros.

AS BOAS PRÁCTICAS CO PATRIMONIO

No marco do Congresso Ponte…nas ondas! deu a coñecer as diversas accións que integran o patrimonio no proceso de aprendizaxe, tanto no ámbito formal como en contextos sociais abertos á comunidade.

O traballo co patrimonio inmaterial galego-portugués no ámbito dos centros educativos de Galiza e do Norte de Portugal, Certames de Recolla, as Mostras da Oralidade ou a difusión do papel dos Tesouros Humanos Vivos, foron as accións presentadas. A transmisión deste patrimonio ás novas xeración a través dos novos soportes dixitais en Internet é foi outra das liñas de traballo que os educadores coñeceron no Congreso.

Ondas

 

NO COLÉGIO PEDRO II DO RIO DE JANEIRO

O coordinador de Ponte…nas ondas! participou como convidado na xornada inaugural do novo curso escolar no Colégio Pedro II, o centro de referencia do ensino público que conta con 180 anos de actividade na cidade carioca. O colégio Pedro II ten máis de 14 unidades por todo o Rio e máis de 12.000 alumnos e vén colaborando con Ponte…nas ondas! Desde que un profesor e un alumno viñeron coñecer a experiencia no ano 2000.

Un novo proxecto impulsado por Ponte…nas ondas! que se desenvolverá en toda a lusofonía implicará novamente ao colexio brasileiro.

www.pontenasondas.org

http://xixcongresso.aeessp.org.br

Outros artigos