PONTE…NAS ONDAS! Boa práctica de xestión cultural en Galicia

No ano europeo do patrimonio cultural

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural de Galicia vén de escoller e a experiencia de Ponte…nas ondas! como unha das 100 mellores prácticas de xestión cultural. Un recoñecemento que chega cando se van cumprir 23 anos de actividades da asociación e xusto no Ano Europeo do
Patrimonio Cultural.

ACTIVIDADES DO ANO EUROPEO DO PATRIMONIO CULTURAL

DÍA MUNDIAL DA RADIO. Ponte…nas ondas! súmase ás celebracións que propón a UNESCO para o 13 de febreiro e convida ás escolas da Eurorrexión a realizar podcasts arredor da temática desta edición, a
radio e o deporte. Os traballos das escolas serán publicados no portal audiovisual “ ESCOLAS NAS ONDAS “ ( www.escolasnasondas.com ) inaugurado na pasada edición polo reitor da Universidade de Vigo.
Ademais, ao coincidir o 13 de febreiro co Entroido, Ponte…nas ondas! realizará unha emisión especial en directo o día 21 de febreiro desde o IES de Breamo en Pontedeume e a Radio Afifense en Caminha.

CERTAME “ AS IMAXES DO PATRIMONIO “, destinado aos centros educativos e aberto a asociacións e entidades da Eurorexión. O Certame convida á recolla de fotografías en branco e negro que teñan
relación com algún dos ámbitos do patrimonio cultural (oralidade, saberes tradicionais, ciclo festivo anual, cultura agromarítima, etc. ) e presentaranse dixitalizadas a través do portal ESCOLAS NAS ONDAS ( www.escolasnasondas.com ).
Ponte…nas ondas! pretende, con esta iniciativa, que se recuperen e difundan fotografías antigas con valor patrimonial para que poidan ser usadas no ámbito escolar e seren coñecidas polo público en xeral. Para esta actividade será imprescindible a colaboración das familias do alumnado, así como, do
profesorado dos centros educativos.

ENCONTRO DE XOGOS TRADICIONAIS GALEGO-PORTUGUESES
Encontro aberto ás escolas galegas e portuguesas que se celebrará no concello de Melgaço no mes de maio e que ten como finalidade a transmisión do património lúdico ás novas xeracións.

+ info: tf.615 02 98 40

www.pontenasondas.org

www.escolasnasondas.com

www.opatrimonio.org

https://www.facebook.com/pontenasondas

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!