Plataforma de Defensa da Sanidade Pública do Condado manifestouse en Ponteareas

Aproveitando a presenza de Rueda e Feijóo na inauguración da nova sede do PP

Ponteareas | A praza Bugallal da vila do Condado foi o escenario este 3 de marzo  partir das 20 horas no que a Plataforma de Defensa da Sanidade Pública do Condado fíxose presente para demandar unha xestión 100% pública da nosa sanidade.

Decenas de veciños do Condado quixeron aproveitar a presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e do presidente do PP español e ex presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, con motivo da inauguración da nova sede do PP Ponteareas, para demandar melloras na sanidade pública galega así como a ampliación na dotación do servizo de ambulancias para a comarca do Condado Paradanta.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.