Plan para o galego?

Andan a voltas, agora e fóra de curso, co Plan para o Galego. Aínda andamos nestas! A inutilidade suma anos e anos. Hai que recoñecerlles ineficiencia e torpe vontade. Unha vergoña Pasado tanto tempo, o problema é de quen non quere entender.

De quen se fai “o longuis” e desobedece as normas da razón e do entender. Hai contidos que analizan os principios do problema, ben sabido é que o deixaron en dique seco, con golpes tenues e delicados que corroen a liña de flotación deste barco no que navegamos, un idioma que nos define diante do mundo, que nos honra. Isto é o que non entenden e por iso non invisten nin teñen vontade.

Falta, o prestixio e dignidade, o coidado na fala, na expresión de quen toca este tema que é sagrado. Din que buscan solucións e cada vez máis axudan sibilinamente a que se perdan oportunidades. O tempo pasa. Son ferramentas de gran utilidade para que nos atopemos, co noso criterio, coa resolución das incógnitas, despois de séculos de “doma e castración”. Pasa o tempo e seguen na mesma. Pero pasa o tempo, e pasando o tempo pérdense oportunidades.

“Dan informacións manipuladas, ás veces con ‘outras institucións’ oficialistas que comulgan e non van ao centro da diana”

Dan informacións manipuladas, ás veces con “outras institucións” oficialistas que comulgan e non van ao centro da diana. Algunhas visten de aparencia rigorosa, baseadas na evidencia e na experiencia. Toman datos da actualidade, o pobre actualidade. Estratexias das que se benefician, o tempo pasa no seu beneficio tamén e consegue decidirnos aos que sabemos da falsidade. Si, son condutos por onde chegar, …cando a Lingua non está tan ferida. Son apuntes que queren limpar e resultan improvisandos.

Mentres aparecen “creadores/oras de contidos” cunha sorprendente visión creativa baseada na experiencia puntualísima da conveniencia, de non buscar conflito e de chegar a cotas de desexos moi elegantes. Criterios que cadran cos dogmas oficialistas si, pero que arrodean o problema. Sinxelamente non contan toda a verdade e favorecen o propio interese. Non serven ao ben dun pobo que quere ser dono en propiedade, neste desexo único de, dunha vez, ser quen somos.

Despois de tanto tempo, as solucións promovidas por equipas de xente (?) que se manteñen no “machito” e esquecen o compromiso de dar noticia a tempo debido, ter en conta as opinións que poden ser contrastadas e contrarias a todo o seu coñecemento do tema e que ata o de agora non valeron para nada. O plan para o galego é de dignidade, saben? Coñecen?

Mestre e músico.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.