Participa no voluntariado municipal e mellora a túa cidade e o teu currículo

A concellería de Benestar Social e Mocidade de Ponteareas abre o prazo de inscrición para participar nas actividades de Voltea

Ponteareas | A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, informa á veciñanza de que xa está aberto o prazo de inscrición para formar parte de Voltea (Voluntariado Municipal) e poder desfrutar de todas as actividades que organizan e que comezan no mes de xullo.

Prantas aromáticas, deseño de roteiros, formación en educación ambiental e interpretación, mediadores xuvenís, paseo de Jane, compostaxe, conservación dos ríos, eliminación de plantas invasoras e un longo etc de formación que completa o curriculum de todos e todas as que teñan entre 16 e 30 anos de idade coa acreditación das horas para o currículo e créditos universitarios.

Os e as interesadas deben inscribirse no centro social no primeiro andar de 09:30 a 13:30 horas, no enderezo electrónico voluntariado@ponteareas.gal ou no teléfono 673 794 760.

Verónica Carrera convida a toda a mocidade a aproveitar estas actividades lúdica e formativas que redundan no benestar de toda a veciñanza e na mellora da nosa cidade.

Outros artigos