Ourense convoca os premios de Poesía e de Creación Literaria

Dotados en 6.000 euros

Ourense | A xunta de goberno local tratou, na sesión extraordinaria, 16 asuntos achegados por diferentes áreas.

Este órgano municipal, presidido polo alcalde e integrada polos concelleiros Armando Ojea (DO) e Flora Moure (PP), aprobou as bases e a convocatoria de dous premios literarios máis senlleiros deste Concello: Por unha banda, o XXXVII Premio de Poesía “Cidade de Ourense”; pola outra, o XXII Premio Risco de Creación Literaria. Ambos están dotados cun premio de 6.000 euros.