Os veciños de Arbo levan a súa protesta contra a liña de alta tensión ás rúas de Santiago


Arbo | O xoves día 9, os veciños do concello de Arbo, convocados pola Asociación de afectados pola liña de alta tensión Fontefría-Fronteira portuguesa, acudiran a Santiago de Compostela para levar a súa protesta as rúas da capital de Galicia. Partirán as 9 da mañán en varios autobuses dende o Multiusos da vila da ribeira do Miño para chegar a Compostela arredor das 11, para a esa hora manifestárense polo Centro histórico e rematar na praza do Obradoiro. Estarán acompañados por veciños de parroquias miñotas portuguesas, que acudirán o acto e que deste xeito se solidarizan con eles, pois tamén estan afectados por esta liña de alta tensión de 400 Kv tan perxudicial e nociva para a sáude e que tanto Red Electrica Española e Electricidade de Portugal pretenden construir preto das súas vivendas.
Os afectados, que presentaron interpelacións parlamentarias a través dos deputados electos pola provincia de Pontevedra, xa recibiron noticias de grupos políticos que rexeitan este proxecto de construcción e esperan que nos próximos días se sume a totalidade de partidos e poder quedar tranquilos, sabedores da nulidade deste proxecto e que o mesmo se desvíe a lugares non habitados onde non perxudique á saude das persoas.

Outros artigos