• Segue conectado
  • |

Os comuneiros da Picaraña de Ponteareas vixían o monte ante o risco de lumes

Xa hai máis de 10 anos que o fan, nos meses de máis calor

Ponteareas | As Comunidades de Montes de Ponteareas e Arcos están organizando quendas de vixilancia na Picaraña desde o martes pasado, e seguirán con elas mentres o risco de incendio sexa alto. Este ano, e ante as previsións meteorolóxicas de altas temperaturas e ventos, o operativo de vixilancia comezou antes do habitual. Comuneiros e voluntarios controlan os vehículos que suben e baixan ao monte en diferentes puntos estratéxicos.

O monte Picaraña está catalogado como Parque Forestal e nestes últimos anos estanse facendo importantes obras de mellora do entorno, como eliminación de acacias e eucaliptos, plantación de frondosas, mellora das pistas, etc. Obras que contribúen a diminuír o risco de incendios.

Recentemente este monte forma parte do proxecto da Deputación de Pontevedra ” Bosques Terapeuticos” consistente en afondar na natureza e relaxarse gozando do entorno, descansar a mente e reducir o estrés.

As comunidades de montes agradecen a colaboración de todas as persoas que se suman a velar por este enclave.

Publicado o 17 Xul 2020 en Participación Cidadá, Ponteareas, Portada.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies