• Segue conectado
  • |

Alcaldes de O Condado e A Louriña, piden unha xuntanza coa Xunta para evitar o despido de 140 empregados

Maderas Iglesias comunicoulles a apertura dun expediente de extinción de 140 contratos -ou de todos eles, preto de 300- o vindeiro día 12 de xaneiro

O Porriño | Os alcaldes de Salceda, Marcos Besada, Ponteareas, Xosé Represas, Mondariz, Xoán Carlos Montes, As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o tenente de alcalde de Mos, Camilo Augusto Martínez, mantiveron este luns unha xuntanza, no Concello do Porriño, con representantes do Comité de Empresa de Maderas Iglesias, e dos sindicatos CIG, CCOO e UXT, que trasladaron aos rexedores que a empresa comunicoulles a apertura dun expediente de extinción de 140 contratos-ou de todos eles, preto de 300- o vindeiro día 12 de xaneiro.

Ante esta situación, os alcaldes e alcaldesa veñen de solicitar un encontro ao máis alto nivel, con representantes da Xunta de Galicia, acompañados polos membros do Comité de Persoal, de cara a evitar a eliminación destes empregos- ou da totalidade deles-e o peche dunha empresa que consideran parte dun sector estratéxico para a economía galega como é o da madeira.

Os alcaldes e a alcaldesa, coñecedores do interese da Xunta en evitar a eliminación destes empregos, considerando que a a empresa recibiu no seu día fondos públicos por medio do IGAPE e lembrando que todos os grupos do Parlamento de Galicia aprobaron unha iniciativa apoiando tomar a iniciativa para facer viable Maderas Iglesias, piden ao Goberno de Galicia que nesta situación de extrema gravidade para a continuidade desta firma, fagan efectivos os termos desta iniciativa e preste as garantías posibles e necesarias para manter os empregos.

Publicado o 21 Dec 2017 en Economía, O Porriño.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses desde a súa publicación. É posible que o contido non estea actualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies