Ofrenda Floral da Deputación de Pontevedra ao Apóstolo Santiago este 25X

O seu presidente Luís López tamén estivo na misa en lembranza a Rosalía de Castro

Santiago de Compostela | O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta provincial Marta Fernández-Tapias asistiron na capital de Galicia á Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago na que exerceu como Delegado Rexio o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

O acto comezou coa recepción do Delegado Rexio na Praza de Obradoiro á que lle seguiu a cerimonia relixiosa na Catedral de Santiago, na que tivo lugar a ofrenda.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou na misa en lembranza de Rosalía de Castro na Igrexa compostelana de San Domingos de Bonaval.

Durante o acto, o presidente encargouse de realizar a ofrenda floral a escritora galega en nome da institución provincial.

Tamén realizaron ofrendas na cerimonia o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; e, entre outras institucións, representantes das deputacións de Ourense a A Coruña, da Universidade de Vigo, de Santiago e da UNED, do concello do Patrón, da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega.

XVII Festa do Tinto Rías Baixas nas Neves
O deputado provincial Roberto Carrero asistiu á XVII Festa do Tinto Rías Baixas no Concello das Neves.

Durante a xornada o deputado participou na lectura do pregón da festa a cargo de Juan Gil de Araújo, presidente do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, e tomou parte no xantar popular no que, ademais do alcalde da vila José Manuel Alfonso González e de membros da Corporación municipal, déronse cita numerosos veciños das Neves e integrantes das confrarías.

Trofeo Conde de Gondomar en Baiona
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe no acto de entrega de trofeos da 48ª edición do Trofeo Conde de Gondomar Gran Premio Zelnova Zeltia – Sabadell Urquijo, que acaba de rematar en Baiona e está considerada unha das probas náuticas deportivas máis senlleiras de Galicia.

Ao acto asistiron o alcalde de Baiona e tamén deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña; o secretario territorial da Xunta en Vigo, Fernando González Abeijón; o presidente do Monte Real Club de Iates de Baiona, José Luis Álvarez; o director xeral autonómico do Banco Sabadell, Pablo Junceda; e, entre outras autoridades, o conselleiro delegado de Zelnovia Zeltia, Juan Carlos Ameneiro.