Obradoiros de Lettering e Comunicación no OMIX da Guarda

Durante o mes de abril

A Guarda | O Omix da Guarda informa da ampliación do prazo de inscricións do obradoiro de música e canto moderno para a mocidade: unha alternativa que pretende ser unha oferta diferente, moi orientada á xente máis nova cun repertorio actual e moi diverso.

Con este obradoiro pretendemos crear unha canle de expresión que encaixe coa mocidade, que libere as súas emocións e que ademais non renuncien a unha formación musical de calidade.

Traballarán técnica vocal, expresión e ritmos e escalas da música moderna.
O obradoiro impartirase os martes dende as 19:00h ata as 21:00h e é de balde para as persoas participantes.

Para o próximo mes de abril a OMIX da Guarda organiza dúas novas actividades formativas. A primeira, un obradoiro de iniciación ao lettering, en colaboración coa libraría Atlántica e que  impartirá Amasonia Tropical o día 1 de abril de 17:30 a 19:30.

A segunda acción será un Obradoiro de comunicación e oratoria que leva por título Canta claro coma o galo! que se desenvolverá os martes de 16:30 a 18:30 horas a partir do día 5 de abril e que en total terá unha duración de 12 horas.

Neste obradoiro tratarase de introducir ás persoas participantes na vivencia da comunicación como unha experiencia agradable e de transformación persoal. Aclarar os puntos clave para dominar a comunicación en calquera contexto da vida. Conseguir que as persoas gañen en seguridade persoal. ¡Os obradoiros teñen prazas limitadas! Inscrición e información na OMIX da Guarda, no mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext 7.