Obradoiro “Actívate na búsqueda de emprego” en Ponteareas

A partir do 2 de novembro na Asociación Adapta

Ponteareas | O vindeiro día 2 de novembro inicia, na Asociación Adapta, o obradoiro “Actívate na búsqueda de emprego” a través do programa Conectadas da Deputación de Pontevedra.

Este obradoiro con unha duración de 30 horas, máis 5 horas do modulo de igualdade e vaise levar a cabo nas instalacións da Asociación Adapta (Barrio de Canedo s/n, Centro Asprodico en Ponteareas) os martes e xoves en horario de 16:30 a 18:30 horas, con data de inicio 2/11/2023 e rematando o 28/12/2023.

Os obxectivos deste obradoiro son os seguintes:

Incrementar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego que desexen mellorar as súas condicións laborais

Dar a coñecer as distintas canles para a busqueda de emprego.

Traballar coas ferramentas necesarias para afrontar con éxito unha entrevista de traballo, preparar o cv ou unha carta de presentación.

Sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades.

Esta actividade está dirixida prioritariamente a mulleres, aínda que poderán participar todas aquelas persoas interesadas, sexan ou non socios da entidade.

As persoas interesadas en participar teñen que facer reserva de praza, xa que as prazas son limitadas.

Para reserva de praza ou para mais información, haberá que dirixirse ás instalacións da Asociación Adapta ou contactando cos seguintes números de teléfono : 986916012 e 662947289.