“O TIC Global situará a Vigo como cidade tecnolóxica en Europa

Javier Collado, director xeral de INCYDE, visitou as obras da futura incubadora de Alta Tecnología startTIC na rúa López Mora

Vigo | “É un momento histórico para Vigo. Primeiro foi o naval; despois a automoción; e agora a alta tecnoloxía, que definirá o futuro da cidade para as próximas décadas”. Así cualificou o Alcalde Abel Caballero a visita realizada este 15 de xullo por parte de Javier Collado, director xeral de INCYDE, ás reformas que se están realizando na rúa López Mora para crear o Vgo TIC Global, a futura Incubadora de Alta Tecnoloxía startTIC. Un proxecto que permitirá “a xeración de emprego de calidade e unha maior capacidade competitiva”, segundo explicou o Delegado do Estado para a Zona Franca de Vigo, David Regades.

Collado visitou o estado da reforma, localizada no Edificio 4 do VgoTIC Global Hub, que acollerá a incubadora de Alta Tecnoloxía co apoio do Concello de Vigo, da Zona Franca, da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e do Centro Tecnolóxico Gradiant.

O director xeral de INCYDE salientou que, ademais de sumarse ás 25 incubadoras de alta tecnoloxía de España, StartTIC pasará a formar parte “da rede máis importante de incubadoras de Europa, que están creando empresas, emprego e investimento”. Regades engadiu que esta TIC significa “un exemplo de colaboración do sector público e privado” para alcanzar “a soberanía industrial e tecnolóxica que ansía Europa”.

Esta startTIC, concibida con iniciativa europea que forma parte da Rede de Incubadoras de Alta Tecnoloxía promovida pola Fundación INCYIDE, está orientada a proxectos de ámbitos estratéxicos como o 5G, a ciberseguridade, a intelixencia artificial, da Defensa, as comunicación avanzadas e outras tecnoloxías dixitais. Conta cun orzamento de 3,5 millóns de euros financiada nun 60% polo Fondo Europeo FEDER.

Un total de 62 empresas, a maior parte delas da Comarca de Vigo e outras partes de Galicia así como de España e Portugal, presentaron os seus proxectos para esta incubadora. Nos vindeiros meses deberán seleccionarse as 30 ofertas finalistas que serán sometidas a licitación. A orientación dos proxectos da conta de sectores como a seguridade e defensa (23%), transporte e loxística (26%), lecer (22%), e automoción (21%)

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.