O programa “Cultiva a Mente” impartirase tamén na parroquia tudense de Pexegueiro

Esta nova edición realizarase en nove parroquias, dúas máis que no 2021

Tui | Pexegueiro contará tamén co programa Cultiva a Mente, que este novo curso chegará a nove parroquias tudenses.

As persoas interesadas neste novo grupo de actividade poden realizar xa a súa inscrición descargando da web municipal a ficha de solicitude e presentándoa por sede electrónica en https://concellotui.sedelectronica.gal/ ou directamente nos Servizos Sociais na casa do concello. Pódese ampliar esta información no 986 60 36 25 ext. 25 ou no 607 194 175.

A actividade comezou xa a desenvolverse neste novo curso no que se va celebrar en nove parroquias.

As clases, cunha hora e media de duración, son entre outubro e xuño. Teñen lugar os martes ás 9.30 h en Malvas, e ás 11.30 h en Ribadelouro, os mércores ás 9.30 h en Pazos de Reis, ás 11.30 h en Areas, e ás 19 h en Randufe, os xoves ás 17 h en Caldelas e ás 19 h en Pexegueiro, e os venres ás 9.30 h en Guillarei e ás 11.30 h en Rebordáns. Cultiva a Mente busca promover un envellecemento activo e saudable das persoas maiores de 55 anos a través de diversas actividades, ao tempo que fomenta a sociabilidade ao ser unha actividade grupal.