• Segue conectado
  • |

O PP urxe a acondicionar a prolongación da rúa Navuxil e a Ponte que cruza a A-52

O estado en que se atopa o que é un dos principais accesos ao centro urbano, utilizado a diario por centos de persoas para acceder aos centros escolares, pavillón municipal e Centro de Saúde, supón un risco para a seguridade de vehículos e peóns

O Porriño/PP | O grupo municipal do Partido Popular reclamou hoxe a mellora e acondicionamento urxente dun dos principais accesos ao centro urbano do Porriño. Trátase da prolongación da Rúa Navuxil e a rúa da Risca, especialmente a ponte que cruza a autovía A-52.

“A escasa seguridade viaria desta zona que soporta un intenso tránsito diario, tanto de vehículos como de peóns, require medidas urxentes”, apuntou o portavoz, Alejandro Lorenzo, “Falamos dun dos principais accesos ao centro urbano, utilizado a diario por miles de persoas para acceder a dous colexios e ao instituto , así como ao pavillón e ao Centro de Saúde. As condicións actuais supoñen un evidente risco que debe ser liquidado de inmediato”.

Desde o PP fan extensiva esta reclamación ao resto de viais de todo o termo municipal que presentan un evidente estado de abandono sendo, en moitos puntos, intransitables

E é que o mal estado do firme, con gretas de profundidade no pavimento e fochancas, evidencia o deixamento do goberno municipal e a falta de mantemento que se require para o bo estado destas infraestruturas. Hai que sumar a falta de beirarrúas que dificulta a mobilidade e pon en risco a seguridade dos peóns.

Os populares apuntan tamén ao mal estado do firme da ponte que cruza a A-52 e das xuntas de dilatación, polo que instan o Goberno Municipal a realizar as xestións necesarias de maneira urxente para garantir a seguridade desta infraestrutura.

“O estado de abandono das estradas en todo o municipio é evidente”, concluíu Lorenzo, “Os viais e camiños das parroquias son en moitos puntos intransitables e requiren a inmediata execución de obras de mellora. Esta petición non é nova, levamos reclamando que se tomen medidas neste sentido sen que en ningún caso se vexan atendidas as nosas reclamacións, que son as dos veciños e veciñas de Porriño que cumpren coa súa parte pagando os seus impostos”.

Publicado o 11 Nov 2019 en O Porriño, Política, Portada.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies