O PP do Porriño critica o “apagón navideño” imposto polo bipartito

Denuncia que os grandes prexudicados son "o comercio e a hostalería local"
O PP do Porriño denuncia que as luces de Nadal nin siquera comezaron a instalarase no municipio.

O Porriño/PPdeG | O grupo municipal do Partido Popular do Porriño expresou hoxe as súas críticas polo “apagón navideño” imposto polo bipartito PSOE/BNG. Mentres que nos municipios da contorna as luces de Nadal xa iluminan as rúas, no Porriño non comenzaron nin a instalarse.

“O retraso na montaxe da iluminación navideña é inadmisible e unha mostra máis do desprezo insititucional que padecemos os porriñeses e porriñesas por parte dun goberno que cada día demostra ser totalmente incapaz de cumprir coas súas obrigas”, denunciou o voceiro dos populares, Alejandro Lorenzo.

“Non se pode xustificar de ningún modo que a 1 de decembro nin se instalara o alumeado, cando o contrato está licitado e adxudicado hai tempo, conta con partida orzamentaria asignada e a obriga de estar en funcionamento dende o 1 de decembro ata o 6 de xaneiro”, explicou Lorenzo, “Se o motivo é que os cartos se gastaron noutras cousas, deberían asumir a súa responsabilidade”.

Os populares concluíron, urxindo ao Goberno Municipal a pensar na cidadanía e nos grandes perxudicados pola súa desidia, o comercio e hostalería local. “O apagón que impoñen non só deixa a escuras as nosas rúas e prazas, tamén apaga a ilusión dos pequenos e pequenas do Porriño, de todos os que queren vivir a súa vila e a posibilidade de remontar dos nosos comerciantes e hostaleiros neste momento tan díficil que atravesan”, lamentou Lorenzo invitando ao Goberno Municipal a recapacitar “e cumprir a súa obriga, máis alá de intereses partidistas e pugnas internas, teñen o deber de promover o comercio local e dinamizar á hostalería. Non facelo non é un unha opción, os porriñeses e porriñesas pagámoslle para que o fagan”.