O Porriño recibe a exposición “Texturas dunha guerra invisible” sobre o conflito saharauí

Da artista multidisciplinar Galia Baba Chamah

O Porriño | O Porriño recibe a exposición “Texturas dunha guerra invisible”, adicada ao conflito do Sáhara, da artista multidisciplinar Galia Baba Chamah, que chega no abeiro da programación cultural do Concello para este mes de abril, promovida pola Concellería de Cultura.

A inauguración será mañá sábado 10, ás 20:00 h., no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. A presentación será a cargo da concelleira de Cultura, Cami Moreira Fontán e intervirá tamén a artista Galia Baba Chamah. De seguido haberá unha visita a exposición.

Esta actividade é máis que unha exposición converténdose nunha xornada de arte e música en directo, coa actuación da pianista Ana Belén Rodríguez e a cantante Noelia Álvarez que interpretarán cancións como “Aleluya” de Leonard Cohen; Lela, “Memory” de la banda sonora de Cats; e Sahara da Banda Tongo xunto con Nadhira Mohamed Buhoy.