O Porriño adhírese a un convenio de xestión da biomasa

Para loitar contra os incendios forestais

O Porriño | O Concello do Porriño adhírese ao convenio de Xestión da Biomasa suscrito pola Xunta, Fegamp e Seaga para a prevención e defensa contra incendios forestais.

A propagación de incendios forestais afecta a nosa riqueza ambiental e paisaxística e tamén ás actividades agroforestais que se desenvolven no monte. Asimesmo, ameazan a seguridade das persoas e dos bens.

“Para loitar contra os incendios forestais é necesario facilitar aos particulares o cumprimento das súas obrigas de manter limpos os montes”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Antía Carrera, “Especialmente nas áreas máis sensibles, aquelas que abarcan o perímetro os terreos forestais e os núcleos de poboación habitados”.

O referido convenio establece facilidades para os titulares de montes que se comprometan co sistema, como o abono dunha tarifa bonificada de 350 euros por hectárea cada ano para a xestión da biomasa nos seus terreos. A edil, explicou que unha vez formalizado o acordo o Concello do Porriño informará nas diferentes parroquias as zonas afectadas e como proceder.