O parking da ETEA estará listo para finais de 2026

Zona Franca encargou á empresa TRAGSA a elaboración do proxecto

Vigo | A Comisión de Seguimento da ETEA, integrada polo Concello de Vigo, a Zona Franca e a Xunta de Galicia, reuniuse de xeito telemático para informar sobre o desenvolvemento do Proxecto Sectorial PS-1, que inclúe o viario principal de acceso ao parking subterráneo da Praza de Armas na ETEA, e que se prevé finalizar para finais de 2026.

Así, Zona Franca encargou á empresa TRAGSA a redacción e elaboración do proxecto, contando cun prazo de seis meses. O Concello cedeu este espazo á Zona Franca por 75 anos coa finalidade de completar o reordenamento urbano da ETEA cun investimento total de 15,2M€. A Zona Franca iniciou tamén os trámites de solicitude do subministro e enganche eléctrico ante a distribuidora UFD.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.