O Metaverso cubriu Compostela en febreiro

Para abrir portas a novas experiencias dixitais

Santiago de Compostela | Santiago de Compostela foi o lugar elixido para a venda de terras no Metaverso Next Earth. Durante a clausura, a fin de semana do 19 e 20 de febreiro, o público tivo acceso a dúas salas.

A primeira delas dedicada ao proxecto a nivel mundial Metasuites, un Metaverso de locais NFT que poden ser comprados, desenvolvidos e administrados polos propietarios. A preventa das oficinas foi pechada co 100% de locais vendidos.

A segunda sala correspondíase cun proxecto da comunidade mundial hispanofalante: Imperivm. Este punto está situado na illa do Cisne en Honduras. É a primeira comunidade de fala hispana dentro do mundo do metaverso.

A exposición de cityofculture.ga tivo tamén entre as súas propostas a venda e propiedades tan importantes como p Palacio Real ou a Moncloa. Así, dentro de Metaverso Next Earth, o Palacio Real custa 20.000$ e a Moncloa 13.000$. Outras propiedades máis económicas son a Praia das Catedrais por 2.200$ ou Torre España por 3.300$.

Dentro desta exposición, unha das máis importantes no Metaverso, Galicia ocupaba as dúas primeiras salas da Galería de arte “City of Culture”, unha copia exacta da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. A primeira das salas centrouse nos lugares máis emblemáticos de Galicia mentres que na segunda estaban listados os castros galegos máis relevantes.

O resto de salas percorreron o resto da xeografía española, incluíndo casas dos concellos, campos de fútbol ou castelos. Unha das salas máis importantes era a que contaba con instalacións de lecer onde se podían visitar os dous centros comerciais máis grandes de España. O público puido participar entrando en Metaverso Next Earth cityofculture. ga. Desde a galería de arte fixéronse compras pagando en Matic, a criptomoeda da rede Polygon.

Esta foi a segunda exhibición de NFTs dentro do Metaverso Next Earth, unha copia exacta do planeta terra. Con todo, o deseño materializouse grazas a unha cadea de bloques (blockchain), cousa que permite rexistrar as transaccións e marcalas publicamente.

Por tanto, todos os NFTs, os compradores e a sucesión dos prezos de compra quedan gardados e poden ser consultados por calquera persoa que queira acceder a eles. Todos os NFTs son únicos e practicamente non é posible roubalos nin duplicalos.

Nado en Xove. Redactor en medios online, gabinetes de prensa, campañas electorais e bolseiro en medios radiofónicos. Desenvolvemento de proxectos web municipais e posicionador SEO. Blogueiro, community manager e investigador.