
Vigo | O Delegado do Estado para a Zona Franca, David Regades, destacou o “impacto socioeconómico, turístico e de cultura urbana e deportiva” que leva a cabo o festival O Marisquiño, que celebrará en Vigo unha nova edición do 6 ao 9 de agosto. Regades renovou o patrocinio de Zona Franca a este festival en presenza do seu director e fundador, Carlos Domínguez “Piti” e do Alcalde vigués Abel Caballero.
Por outra banda, Zona Franca, a Autoridade Portuaria e a Xunta asinaron o convenio da venda por parte da empresa Hijos de Carlos Albo S.L de tres parcelas da PLISAN que a compañía viña ocupando desde 2020 cun dereito de superficie con opción de compra por un prazo de 30 anos prorrogables.




