O impulso do Viveiro Municipal de Empresas que propón Santiago Davila chega tarde

As instalacións do Centro xa están acondicionadas e en breve procederase a instalación dos equipos informáticos
Salceda de Caselas | A Tenente Alcalde socialista Marina Cabaleiro, quere mostrar a súa satisfacción porque dende a oposición estén de acordo, por fin, en algunhas das iniciativas que se están levando a cabo dende a Concellería de Emprego e Formación.
Tamén quere recordar que dende a oposición non se debería traballar so en eleccións, aclara “o impulso do CDL de O Torrón como sede de un viveiro de empresas xa era parte do noso programa electoral, é o noso obxectivo principal na área de emprego e formación. O proxecto xa está a piques de rematar e estase a redactar o regulamento de uso para a súa aprobación, polo que ainda que tarde agradecemos que sean do seu agrado os nosos proxectos”.
Dende a Concellería de Emprego, estamos a traballar neste proxecto dende o comenzo desta última lexislatura. As instalacións do Centro xa están acondicionadas e en breve procederase a instalación dos equipos informáticos e do mobiliario de oficina. A pesar de que é un contrato menor e que non requería publicidade, consideramos unha prioridade que as adxudicacións dos servizos se fagan respetando estes principios, xa que é o máis axeitado para favorecer a concurrencia e eficiencia, sen esquezernos por suposto, da necesidade das empresas do noso Concello; polo que a instalación será realizada pola empresa que presentou a oferta máis favorable para o Concello, despois de convidar á presentación de propostas a tódalas empresas de Salceda adicadas a estas subministracións.
Polo tanto, reiteramos que é satisfactorio que a oposición apoie un proxecto socialista de emprego, aínda que queremos recordar o partido popular que “dende o grupo socialista levouse a pleno unha proposta de reducción en gastos protocolarios para poder aumentar a partida de emprego e formación, e foi rexeitada, polo que non é de recibo que agora propoña aumentar a partida de formación ademáis de que o seu grupo dende o goberno da Xunta recortou nesta área, mentres que dende o Goberno Municipal xa se apostou por un aumento nestas áreas como se pode comprobar nos orzamentos deste ano 2012”.
Ademáis do acondicionamento do Viveiro de Empresas, Aula de Novas Tecnoloxías, Aulas Polivalentes, Sala de Xuntas, Auditorio, etc. estamos a traballar nunha carta de servizos que ofertaremos no CDL de O Torrón: asesoramento a emprendedores, orientación laboral, formación para todos os sectores, creación dun Aula Mentor (formación aberta e flexible para adultos con tutor), aluguer de aulas…
O desemprego é a formación son a nosa prioridade, e xa temos un Plan de Formación que levaremos a cabo. Comenzaremos polo que consideramos básico: introdución nas novas tecnoloxías, formando grupos por nivel de coñecementos e preparación para obtención do graduedo en ESO.
Se dende o Partido Popular queren apoiar as políticas de emprego do goberno municipal, teñen agora ocasión de aprobar dende a Xunta de Galicia as solicitudes feitas por Marina Cabaleiro: Obradoiro de Vitivinicultura, Plan Integral de Emprego, Proxectos Agader, etc, xa que de momento só se recibiu a negativa das Accións Formativas para Desempregados (AFD), Plans de cooperación municipais, Plan de Igualdade, e moitos outros proxectos nos que se traballou arreo.
Marina Cabaleiro, “dende a Concellería seguimos a traballar por este proxecto, que consideramos prioritario para os veciños e veciñas de Salceda, e estamos satisfeitos dos resultados que estamos a obter e do interés que mostran os emprendedores, xa que todas as semanas temos consultas de veciños que queren levar a cabo o seu proxecto no Viveiro Municipal”.