O IGADI presenta a súa nova web

Aspira a transmitir o cambio de época na asociación

Pontevedra | Desde o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) queremos convidalas a coñecer a nosa nova páxina web www.igadi.gal 

A web, que leva activa desde o 1994 e que non se renovaba desde hai máis dunha década (2011), aspira a transmitir o cambio de época na asociación, así como o cambio de época en Galicia e na sociedade internacional.

Ademais de poñer en valor o capital actual do IGADI e o traballo acumulado pola entidade na súa historia, a web destaca pola aposta nas versións en linguas internacionais, achegando valor a unha entidade como a nosa.