O Goberno de Salceda solicitará a mediación para resolver o conflicto laboral

Salceda | Tal como xa anunciara antes das elección municipais, o equipo de goberno iniciará os trámites para someterse ao servizo de mediación e rematar así co conflicto laboral do Concello. O equipo de goberno cumple así co seu compromiso, recollido no pacto de goberno asinado polas dúas forzas (MS e PSOE) para esta lexislatura, e no que se especificaba a necesidade de intentar solucionar a situación laboral e as solicitudes trasladadas por parte da plantilla municipal.

A Alcaldesa, Loli Castiñeira, que ademáis ostenta a área de persoal, trasladoulle xa á plantilla municipal nunha reunión informativa o pasado 27 de xuño a intención de acudir ao servizo de mediación, polo que en breve se procederá ó inicio das xestións pertinentes.

O equipo de goberno pretende así chegar a un acordo, polo que lles pide aos traballadores e traballadoras municipais un marxe de confianza para que poida botar a andar o proceso.

Con todo, este goberno e partidario de levar a cabo a mediaciòn no momento no que realizen as eleccións sindicais correspondentes e agarda chegar a un acordo cos Sindicatos nese senso.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!