O goberno de Carmela Silva financia con mais de 120.000 euros a urbanización da rúa Calvario en A Guarda

Trátase dun investimento do Plan Concellos 2019, ao través do cal a Deputación pon a disposición da vila un total de 808.965,46 euros, un 2,94% máis que no 2018

Pontevedra | A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación pola Xunta de Goberno dun investimento para A Guarda con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 121.951,87 euros cos que a vila poderá financiar a urbanización da rúa Calvario entre os números 48 e 73. Este ano a institución provincial pon a disposición de A Guarda ao través do Plan un total de 808.965,46 euros, un 2,94% máis que no 2018.

Máis polo miúdo, a actuación contempla a urbanización e mellora dos servizos existentes na rúa O Calvario. Neste eido, algunhas das obras previstas abarcan a demolición e levantado do pavimento actual, o movemento de terras, a execución de soleras de formigón, a instalación de solados de granito, e a renovación das tubaxes de saneamento e de abastecemento.

Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 562.964,54 euros, o concello de A Guarda tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 71.340,27 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 174.660,65 euros da Liña 3 de emprego cos que a Deputación financia a contratación de 15 traballadores e traballadoras para o concello.

Neste novo ano 2019, no total da provincia, a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos 59 municipios ao través do Plan Concellos case 43 millóns e medio de euros, o que supón un 3,3% máis que no exercicio anterior.