“O galeguismo ten que ser a referencia de construción do país”

Juan Carlos Piñeiro Docampo(1977) é o único candidato á Secretaría Xeral de Compromiso por Galicia, no II Congreso nacional que se celebra este sábado 21 de xaneiro en Teo.

 

Cal é o motivo polo que te presentas?

O principal motivo é a ilusión que representa encabezar un proxecto tan necesario para o país. Xunto a isto, a implicación de compañeiros e compañeiras que me pediron dar o paso. E porque coido que no eido da estrutura e da expansión que está e vai experimentar Compromiso, podo achegar experiencia.

Cal é o papel que debe representar Compromiso?

Compromiso representa un espazo político ao cal non aspiran outras formacións. Compromiso é un partido co centro de decisión en Galicia cun proxecto propio de país, sen dependencia de fora. Pero con ánimo de construción dun estado e dunha Europa de países.

Ten futuro esta organización?

Este partido ten un grande equipo humano e un forte patrimonio de ideas. Temos a nosa propia folla de ruta e estou convencido de que CXG escribirá parte do futuro de Galicia

Como valoras a cita do sábado ?

O sábado celebramos un congreso moi importante despois de catro anos de existencia. Reiniciamos un proxecto renovado sobre unhas bases sólidas e unha experiencia acumulada.

Pídolle á militancia que participe, porque Compromiso ten moito que dicir, e todos somos parte desta organización. Desexo a máxima participación e compromiso para comezar a traballar neste novo tempo onde o galeguismo ten que ser a referencia de construción do país.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!