O FICBUEU anima a empresas e entidades a apoiar o Festival Internacional de Curtametraxes

Cantos máis patrocinios acaden, más ampla e diversa será a programación do décimo aniversario

Bueu | A asociación FICBUEU anima ás empresas, grandes ou pequenas, e a calquera tipo de entidade a colaborar co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu para poder ofrecer unha programación o máis ampla e variada posible no décimo aniversario do evento, que se celebrará entre o 9 e o 17 de setembro. A cantidade e a calidade das proxeccións está garantida, con máis de 80 curtas chegadas de distintos lugares do mundo, se ben os novos apoios permitirían enriquecer as actividades paralelas.

ficbueu

 

As marcas que se decidan a colaborar co FICBUEU 2017 poderán sacarlle o maior rendemento ao seu patrocinio, xa que desde só 100 euros o seu logotipo estará presente nun evento polo que pasan unhas 5.000 persoas e que conta asemade con milleiros de seguidores nas redes sociais. Tamén se acordan esponsorizacións a medida e mesmo se pode cofinanciar a Área Social, na que se desenvolven actividades cinematográficas con diferentes colectivos ao longo de todo o ano.

ficbueu

 

Formar parte dunha iniciativa de éxito como é o FICBUEU supón asociar o nome do establecemento ou produto a un proxecto de calidade, consolidado, de proxección internacional e comprometido coa coa cultura e coa sociedade. Ao tempo, garante chegar a unha gran cantidade de público, dado o crecemento continuo que está a experimentar o festival, así como a súa ampla difusión nos medios de comunicación. As empresas e organizacións interesadas poden contactar coa asociación no enderezo electrónico producion1@ficbueu.com.

Outros artigos