O Festival Pedra achega a cultura e a ciencia á poboacións de menos de 300 habitantes

Percorrerá o rural de Ourense promovendo o traballo de creadores desas zonas

Ourense | O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, participou hoxe en Ourense na presentación de PeDRa, festival que achega a cultura, a tradición e a ciencia a poboacións de menos de 300 habitantes. A iniciativa, que celebrará a súa sexta edición do 28 de agosto ao 25 de septiembre, forma parte dos 56 proxectos incluídos no programa de O Teu Xacobeo deste ano que conta cun investimento de 1M€. PeDRa percorrerá localidades de catro concellos da provincia de Ourense: Loiro (Barbadás), Trasalba (Amoeiro), Viduedo (Cea) y Puga (Toén) conectando en todos estes lugares o saber herdado, o coñecemento científico e a creatividade impulsada tamén por autores rurais.

Na presentación, Marcos Gómez Román destacou que PeDRa naceu, precisamente, grazas á convocatoria de O Teu Xacobeo de 2021, nun claro exemplo da importancia de apoiar desde a Xunta de Galicia iniciativas que contribúan á descentralización cultural para achegarse a poboacións rurais. A edición deste ano centrarase en dinamizar o Val de Ourense como nó de camiños e como anticipo do Xacobeo 2027, así como tamén no marco da celebración del Ano Oteriano 2026 (conmemórase o 50 aniversario do falecemento de Ramón Otero Pedrayo e o centenario da súa obra Guía de Galicia) xa que a última parada do festival será Amoeiro, onde se atopa a fundación deste autor.

Ao longo de cinco xornadas e catro sedes, PeDRa levará a cultura fóra dos circuítos habituais, activará espazos patrimoniais e naturais e creará puntos de encontro entre tradición, coñecemento e creación contemporánea. A combinación de actividades científicas, patrimonio, cultura popular, música, teatro, artesanía e divulgación permitirá ademais achegar o festival a públicos de diferentes idades e intereses, reforzando a participación cidadá e a conexión entre as comunidades locais e os visitantes.

O territorio como espazo de coñecemento
Coa súa sexta edición, PeDRa consolídase como unha proposta cultural que entende o territorio como un espazo de coñecemento, no que o saber transmitido entre xeracións dialoga coa ciencia e coa creación contemporánea.

A programación arrancará o vindeiro 28 de agosto no Museo Etnográfico Loiro na Memoria que acollerá un espazo de videoxogos en galego, un obradoiro de theremin (un dos primeiros instrumentos electrónicos) con Paulo Pascual, unha actividade sobre recuperación de terras raras e un concerto comentado de theremin.

O programa continuará o 29 de agosto, tamén en Loiro, cunha ampla xornada que incluirá unha ruta micolóxica, xogos populares, esgrima histórica, teatro infantil, música tradicional, arqueoloxía experimental, obradoiros e diferentes concertos de rock e música electrónica. O 12 de setembro, PeDRa trasladarase a Viduedo (Cea), cunha ruta de sendeirismo e visitas a proxectos artesanais e culturais do municipio, un concerto de música tradicional de Axeigo, un fiadeiro e a entrega do I Premio ao Compromiso Cultural.

A seguinte cita será o 13 de setembro na carballeira de Puga (Toén), cunha ruta guiada polos portos da Ribeira do Miño, un obradoiro de cestería, un contacontos de Anxo Moure e un concerto de Columna Vegana.

Finalmente, o 25 de setembro, o festival chegará a Trasalba (Amoeiro), na Fundación Otero Pedrayo, onde se desenvolverán xogos populares e un contacontos a cargo de Uxía Morán.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.