O Covelo presenta axudas económicas pola COVID-19

Para a hostalería afectada polo Estado de Alarma

O Covelo | O Concello de Covelo anunciou a apertura do prazo de presentación de solicitudes para todos aqueles negocios de hostalería do municipio que se viran afectados pola declaración do Estado de Alarma pola COVID-19 en marzo de 2020.

Estas axudas, que teñen o apoio da Deputación de Pontevedradas, poderán beneficiar a empresarios individuais ou autónomos e pequenas empresas. Contan cun monto de 6.984,83 €, que será repartido entre os beneficiarios da subvención.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles dende o martes 17 de agosto de 2021.