
Ponteareas | A Vila do Corpus volveu a cumprir coa súa tradición este 2026. Como é costume, as alfombras de flores foron as protagonistas, decorando as rúas ponteareáns cos seus deseños, colorido e mensaxes por parte de todas as persoas que traballaron estes días. A procesión tamén foi protagonista percorrendo as rúas. A continuación amosamos unha escolma fotográfica das alfombras do Corpus 2026.













