O concello de Salvaterra de Miño presenta o programa de cursos e actividades para 2020

Salvaterra | Como ven sendo habitual, o Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha o seu programa anual de cursos e actividades de Xaneiro a Xuño de 2020. A Alcaldesa Marta Valcárcel e o Concelleiro de Xuventude Edgar Martínez Philippon veñen de presentar recentemente o cartel da programación sinalando interesantes novivades para este ano.

Dentro da variedade ofertada, podemos atopar distintas propostas, que van dende unha Xornada de Sensibilización de primeiros auxilios ata un Obradoiro para adultos sobre discapacidade e infancia, unha Xornada astronómica, Taichí, Defensa persoal feminina ou un obradoiro para aprender a elaborar textos oficiais (currículos, instancias, etc). Tamén haberá un curso de servizo de axuda no fogar e excelencia.

Ademáis repetirán actividades que xa tiveron éxito o ano pasado como son as clases de zumba, obradoiro de memoria e lectura para os maiores de 60 anos ou “English speaking“.

Queda aberto o prazo de inscrición para as distintas actividades, moi útiles tanto a nivel social, intelectual, deportivo, sanitario ou laboral, xa que nos tempos que corren é fundamental dotar a poboación de ferramentas aplicables á vida cotiá.

Dende o Concello anímase a todas esas persoas, xoves e maiores, a participar nesta iniciativa saudable e formativa o alcance dun grupo moi amplio de idades.

Máis información aquí ou en ventanilla no Concello.