O concello de Salvaterra de Miño presenta a súa nova páxina de turismo

Salvaterra | O Concello ven de presentar baixo o slogan, “Salvaterra de Mińo un lugar para disfrutar, un lugar para vivir” a súa nova páxina web de turismo. Un espazo dinámico, sinxelo e moi intuitivo que busca ser un escaparate máis de todos os recursos que ofrece este Concello do Sur de Pontevedra, elaborada polo propio persoal da administración local.

Salvaterra é unha das zonas máis visitadas do sur de Pontevedra. Só o Parque público A Canuda atrae a miles de visitantes durante todo o ano; unido aos máis de 30km de sendas verdes polos diferentes ríos do Concello, ao Recinto amurallado, o Museo da Ciencia do Vińo, a propia maxia que conleva ser unha Vila transfronteiriza e ao Espazo Termal Lúdico de Teans fan que Salvaterra de Miño non sexa soamente un Concello estratéxico en termos de turismo, senón que sexa un dos Concellos que máis medra de toda a contorna.

A súa ubicación estratéxica, o seu clima e a súa calidade de vida fan que día a día sexan máis persoas as que veńen a vivir a este municipio da raia.

A páxina está dividida en tres grandes bloques: ven, cońece e visita, onde se presentan todos os recursos, a nosa gran riqueza cultural, histórica e patrimonial, ademais de darnos a cońecer os lugares onde durmir e disfrutar da nosa gastronomía.