O Concello de Salceda de Caselas homenaxea a Mª Carmen Avendaño Otero


Salceda de Caselas | O próximo venres 22 de xuño de 2012 terá lugar ás oito da tarde, no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, un acto homenaxe a Mª Carmen Avendaño, presidenta e coordinadora da Fundación Érguete-Integración, organizado polo Concello de Salceda.
O acto se celebrará con anterioridade ao Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas, xa que o propio día será o martes 26, e contarase coa presencia de Carmen Avendaño que é a imaxe dunha a muller loitadora moi ligada ao mundo da drogodependencia durante a súa vida.
Terá lugar a proxección do documental “Ni locas ni terroristas”, dirixido por Cecilia Barriga, baseado na vida de cinco mulleres galegas, Dora Fernández, Josefa Román, Fina Sánchez, Sara Guntin, Marisa Fuentes e Carmen Avendaño, e na súa loita incansable para sacar aos seus fillos do mundo da drogadicción e loitar contra o narcotráfico. Ao rematar Carmen Avendaño falará, dende primeira persoa, do traballo que realiza e realizou durante anos en contra do consumo de drogas.
O acto será aberto para todo o público e teremos como convidados especiais os alumnos do IES Pedras Rubias, sendo presidido polo Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos David Besada Pérez,
“É moi importante realizar este tipo de actos ante a problemática social derivado do consumo de drogas. Esta problemática non só repercute na persoa que ten adicción senón ao seno familiar que é o punto de reflexión clave para poder superar o estado de adicción. Para nos é moi importante reflexar unha problemática que incide seriamente no desenvolvemento das persoas e da sociedade. As substancias psicotrópicas non só son causantes da adicción e do cambio psicolóxico que sufrirán o consumidor, senón que ademáis son as causantes de moitas mortes tanto polo consumo como polo narcotráfico asociado”. Asegura Marcos David Besada Pérez

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!