O Concello de Ponteareas abre as pistas de tenis municipais desinfectándoas para cada uso

A concellería de Deportes informa que só poderán usar as pistas da Freixa as e os tenistas que, previa solicitude, reciban autorización

Ponteareas | A concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, supervisou xunto ao concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, as tarefas de desinfección e limpeza realizadas nas pistas de tenis municipais co obxectivo de abrilas ao público nas mellores condicións sanitarias e de hixiene.

A concelleira de Deportes informa que as pistas municipais de tenis ubicadas na Freixa abrirán cada martes e xoves previa cita. As e os interesados poderán reservar pista a través da páxina web do Concello na pestaña “reserva pistas de tenis” cun mínimo de 24 horas de antelación ou premendo directamente na seguinte ligazón https://ponteareas.gal/reservapistas/

Na páxina web do Concello poderase realizar a reserva das pistas municipais que abrirán en quendas de mañá e tarde cada martes e xoves

As pistas poderán usarse cada martes e xoves en horario de mañá e tarde e seguindo sempre as recomendacións sanitarias e de hixiene. Un operario do Concello desinfectará as pistas despois de cada uso.

Pola mañá estarán abertas nas seguintes quendas: de 09:00 a 10:30, de 11:00 a 12:30 e de 13:00 a 14:30 horas. Pola tarde establécense tamén tres quendas: de 16:00 a 17:30, de 18:00 a 19:30 e de 20:00 a 21:30 horas.

Nahir Covelo solicita a colaboración da cidadanía no cumprimento estricto das normas para que todos e todas poidamos gozar desta modalidade deportiva e adianta que para o acceso ás pistas é imprescindible autorización por parte do Concello e non poderán ser empregadas para outro fin.

“As e os usuarios deberán prestar especial atención ás normas que se ofrecen nos paneis colocados nas pistas e que se acompañan coa recepción da autorización e non poderán empregar as instalacóns as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou que se atopen en illamento ou corentena”.

Por último, a concelleira adianta que xa se está traballando para que nas vindeiras semanas se poida proceder á apertura doutras instalacións deportivas municipais, establecendo protocolos que garantan o cumprimento todas as medidas de seguridade.