O Concello acada 625.400 euros para a mellora de equipamentos e dotacións para o Corpo de Bombeiros

NEA-Bombeiros

Ourense | O Concello de Ourense adquirirá un novo vehículo para a extinción de incendios forestais, aproveitando así os fondos que percibe este ano de Unespa, a Unión Española de Entidades Aseguradoras y Reaseguradoras, asociación empresarial que agrupa ás entidades aseguradoras de España.

Os fondos que percibirá de Unespa durante 2016 corresponden ás primas dos seguros anti-incendios dos seguros de 2015, supoñendo un total de 324.000 euros. Estes fondos, que o Concello ten que invertir en material e equipamento para bombeiros, responde a un convenio suscrito entre o Concello de Ourense e a Unión Española de Entidades Aseguradoras y Reaseguradoras.

No pasado exercicio, os fondos aportados por Unespa foron 271.260 euros, que supuxeron o 90% da inversión realizada na compra dun furgón con remolque e na reposición de material especializado do Corpo de Bombeiros.
O goberno municipal acada así 625.400 euros para a mellora de equipamentos e dotacións para o Corpo de Bombeiros, executando en 2015 o proxecto que existía e deseñando e tramitando o proxecto para este exercicio.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!