O Centro Cultural de Porriño acolle un encontro do programa “Iniciativa Xove 2012”

A Concellalía de Mocidade do Concello do Porriño informa da celebración deste acto, este xoves ás 18.30 horas, dirixido a todos os mozos de ata 30 anos, así como a técnicos e responsables locais en materia de mocidade
O obxectivo principal do programa céntrase en ofrecer apoio financeiro a iniciativas xuvenís impulsadas por grupos de mozos. Na reunión escoitaranse e atenderá a todas as inquietudes e dúbidas suscitadas
O centro cultural de Porriño alberga este xoves, 19 de xaneiro, ás 18.30 horas un encontro sobre o programa Iniciativa Xove 2012 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia en colaboración coa Concejalía de Mocidade do Concello do Porriño, que dirixe Iria Lorenzo, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil). Dirixido a todos os mozos de ata 30 anos, así como tamén a técnicos e responsables locais en materia de mocidade, o obxectivo principal deste programa céntrase en ofrecer o apoio financeiro a iniciativas xuvenís impulsadas por grupos de mozos, ademais de estimular a participación xuvenil activa e reforzar o tecido asociativo.
Porriño é un de entre varios municipios galegos elixidos para albergar este encontro a través do cal poñeranse en man deste sector da poboación toda a información necesaria e as ferramentas para poder levar a cabo a solicitude e a presentación de proxectos de participación xuvenil. Na reunión escoitaranse e atenderán a todas as inquietudes e dúbidas suscitadas para poñer en marcha e levar a bo fin os proxectos.
Ao encontro poderán asistir todas as asociacións xuvenís e tamén deportivas, culturais e recreativas que conten entre os seus socios con persoas novas –de ata 30 anos-. Ademais, o acto tamén está enfocado a responsables e técnicos de mocidade dos municipios situados no área de influencia xeográfica de Porriño (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo).