O Bng reclama a recuperación integral do cauce do Río Louro

Presenta unha moción ante a corporación municipal de Mos para instar á Confederación Hidrográfica do Noroeste á recuperación integral do cauce do Río Louro

Río Louro

Mos/BNG | Consideramos que o río Louro é importantisimo para a vida d@s cidadáns do noso concello desde hai moitos anos. Os distintos gobernos municipais así o comprenderon e iniciaron unha senda para disfrute de todos e todas as que queremos utilizala.

E a riqueza piscícola, aínda que mermada, segue existindo

Pero estase a ver hoxe en día, que nas zonas máis afectadas polas construcción de naves, e alí onde a presión urbanística e maior, o río sofre un forte deterioro e estase a degradar notablemente. É normal ver muros derruídos que invaden o cauce, restos de entullo polo cauce adiante, e moitos residuos que fixeron que disminuira o calado.

Por todo esto, e visto o estado de abandono do río por parte da Confederación Hidrográfica, que é a responsable directa do mesmo, instamos á mesma e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente á elaboración dun plan que permita a recuperación integral do caudal do río Louro, así como tamén urximos ao Goberno Municipal a incrementar a presión da disciplina urbanística, actuando de oficio nas denuncias e así controlar as edificacións que teñan irregularidades.

A recuperación do río debe ser unha prioridade absoluta para todas estas institucións

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!