O Barco leva a Festa do Botelo á Coruña e Vigo

NEA-Festa do Botelo

O Barco de Valdeorras | A III Festa do Botelo en Coruña celebrarase no Restaurante Mirador de San Pedro o próximo sábado 20 de febreiro. Os interesados poderán degustar un menú composto por Empanada de maravallas, sopa de Cocido, Botelo e chourizos con repolo e cachelos, e Bica. Todo, con viños da Denominación de Orixe Valdeorras, café e augardentes. Haberá música en directo, o e custo da entrada é de 26 euros. Para máis información, poden dirixirse ao teléfono do Restaurante: 981100823, mentres que, para facer reservas, deberán proceder ao ingreso do custo das entradas na CC.IBAN: ES 35 2080 0010 46 3040016942 (Miramar San Pedro S.L.)

En Vigo, a II Festa do Botelo está programada para o 5 de Marzo no Hotel Coia. Neste caso, o menú será o seguinte: Empanada de maravallas, sopa de Cocido, botelo e chourizos con repolo e cachelos. Para postre, bica. Tamén neste caso, a comida se servirá con viños mencía da D.O. Valdeorras. O prezo é de 25 euros. Para información, poden dirixirse ao teléfono do Hotel: 986201820, e as reservas anticipadas, con ingresos na CC.IBAN: ES 90 2080 5142 8030 40001447.

Outros artigos