O AVE chegou a Ourense en viaxe de proba

Feijóo: "é a mellor noticia ferroviaria das últimas décadas en Galicia"
Núñez Feijoo, Raquel Sánchez e Alfonso Mañueco na estación Empalme de Ourense.

Ourense | O AVE de Madrid a Galicia fixo a súa viaxe de proba o luns día 22 de novembro. Chegou pouco antes do tempo previsto. Raquel Sánchez, ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana viaxou no tren de alta velocidade e acompañáronlle Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta, e Alfonso Fernández Mañueco, presidente de Castela e León.

A galega Isabel Pardo de Vera, secretaria de Estado de Transportes, e Isaías Táboas, presidente de Renfe, tamén fixeron a viaxe. O AVE saíu desde a estación de Chamartín (Madrid), ata Ourense, ás 8.45 tras pasar por Zamora e a estación de Sanabria, onde se subiu Núñez Feijoo.

“Arrincamos a viaxe en probas da nova liña de AVE Madrid-Galicia, a próxima gran liña que poñeremos en servizo en España. Traballamos para achegar aos cidadáns e as cidadás de todo o país e conectar aos territorios”, afirmou a ministra de Transportes á súa chegada á Estación Ourense- Empalme logo dun percorrido a 300 quilómetros á hora. A viaxe para o gran público mantense para o día 21 de decembro.

Autoridades que fixeron a viaxe.

Alberto Núñez Feijoo manifestou que “É a mellor noticia ferroviaria das últimas décadas en Galicia. O AVE é un obxectivo prioritario de Galicia; felicito ao pobo galego pola súa tenacidade para conseguilo”. Núñez Feijoo agradeceu o traballo realizado polos catro presidentes do Goberno e os seis ministros que participaron nesta obra. “Queda demostrado que o AVE non era un capricho”, sinalou.