• Segue conectado
  • |

O alcalde de Tui felicitou a Leonor Martínez Gándara no seu centenario

Tui | O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, felicitaron o sábado, en nome da poboación tudense, a Leonor Martínez Gándara, no seu centenario. O rexedor e o concelleiro obsequiárona cun ramo de flores na data do seu 100 cumpreanos.

Leonor Martínez Gándara, naceu o 25 de xullo de 1920, aínda que no seu DNI figura o 16 de agosto. Aos seus 100 anos Leonor Martínez conta con boa saúde. Casou con Domingo Sestelo Gonzalez, que tocaba o trombón na Banda de Música Popular de Tui. Tivo 6 fillos, 3 homes e 3 mulleres, 16 netos e 21 bisnetos. Na actualidade vive en Caldelas cunha das súas fillas, pero anteriormente residía en Baldráns.

Publicado o 27 Xul 2020 en Benestar Social, Tui.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies