
Ourense | Manuel Pardo, delegado da Xunta en Ourense, e Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, visitaron na cidade de Ourense, á nova sede da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e outras Enfermidades Raras (AODEMPER). Comprobaron o traballo que está a desenvolver esta entidade social.
Na visita, Manuel Pardo felicitou á súa presidenta, Susana Fernández, pola atención e acompañamento que realiza esta asociación ás persoas que sofren estas enfermidades, e transmitiulle o apoio da Administración autonómica co fin de seguir construíndo unha Galicia máis humana, máis sensible e máis xusta.




