Novas achegas de alimentos de empresas da contorna de Porriño para socorrer ás familias

O Porriño | Diversas industrias alimentarias e empresas de distribución fixeron entrega ao longo da semana de lotes de productos que sumaron máis de 20 toneladas recibidas no banco de alimentos “SOS Porriño”.
Estas achegas permitiron atender o aumento da demanda de axuda que rexistraron os Servizos Sociais do Concello do Porriño. Segundo estimacións deste departamento, “a cifra habitual de 150 familias máis necesitadas que temos normalmente no Porriño, duplicouse a consecuencia da paralización económica co confinamento”, explicou David Alonso, concelleiro de Asuntos Sociais.

Entre onte venres e hoxe sábado recibironse na sede de “SOS Porriño” as doazóns de “Coren” que entregou 500 kilos de conservas e “Gadis” que aportou media tonelada de fariña e azucre. O luns será “Distribucións Froiz” quen aporte 1.000 kilos de arroz e a industria “Ceamsa” patrocine a entrega de 300 botes de cacao instantáneo. E “Nova Pescanova” repetirá aportación de 250 kilos de productos elaborados de peixe e marisco conxelado.

Todas estas doazóns súmanse ás recibidas dende o luns pasado entregadas pola antedita “Nova Pescanova” así como por “Eurobanan” e “Noribérica”. Ademais da entrega semestral da Cruz Vermella que mandou un camión con 20 toneladas de alimentos non perecedoiros.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!