• Segue conectado
  • |

As Neves recupera o Lavadoiro da Pousa

O Concello reparou o lavadoiro situado en San Pedro de Batalláns no ámbito do regato Pousadouro.

As Neves | Por medio dunha subvención xestionada entre o Concello e a Deputación de Pontevedra puido levarse a cabo esta obra de recuperación do Patrimonio.

As obras consistiron na reparación completa do Lavadoiro da Pousa. Reparouse o tellado que estaba a punto de cair, o lavadoiro, a fonte e os muros. Tamén se drenou o terreo para facelo máis accesible e utilizable pola veciñanza.

O Concello continuará coa intención de por en valor os elementos patrimoniais, animando a veciñanza máis próxima a que sexan quenes poidan coidar e manter estes lugares mediante o seu uso como fonte, lavadoiro ou como lugar de encontro e esparcimento válido para maiores e xoves.

Publicado o 1 Xul 2017 en As Neves.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses desde a súa publicación. É posible que o contido non estea actualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies