“Nerea. O príncipe da sorte” primeiro premio do certame de banda deseñada “O Garaxe Hermético”

Unha novela gráfica infantil de Miguel Rojo e Pablo Prado

“salientable proposta gráfica onde destaca o ritmo narrativo da historia e unha composición de páxina dinámica e atractiva”

A novela gráfica infantil “Nerea. O príncipe da sorte”, de Miguel Rojo (guionista) e Pablo Prado (debuxante) ven de gañar o primeiro premio da 2ª edición do certame de banda deseñada “O Garaxe Hermético” convocado por dita escola de banda deseñada conxuntamente coa editorial Xerais.

O xurado salientou a atractiva proposta gráfica da obra, a cabalo entre a liña clara franco-belga mesturada coa estética “cartoon” dos actuais debuxos animados. Asimesmo, destaca o ritmo narrativo da historia e unha composición de páxina dinámica e atractiva. “Nerea. O príncipe da sorte” é unha historia de aventuras con doses de humor que conta as peripecias dunha nena que cae nunha poza e a partir de aí desenvólvese unha narración divertida centrada na prevención da saúde.

Miguel Rojo é colaborador da revista “A Viñeta de Schrödinger”, acaba de rematar a súa primeira novela gráfica, que sairá publicada proximamente por Retranca.

Pablo Prado ven de publicar “O Derradeiro Libro de Emma Olsen” na editorial Galaxia, adaptación á BD da novela homónima de Berta Dávila, asi como “Os Berros da Motocicleta” con guión de Kiko da Silva, publicada polo Concellod e Pontevedra e que narra a vida da represaliada Josefina Arruti Viaño. Recentemente ten publicado na editorial Retranca, e sobre un guión de Fernando Llor, “O Último Festi”, obra adicada á promoción do festival “Armadiña Rock” de Combarro a través da historia duns xoves universitarios, e no que se pode disfrutar dalgunhas das actuacións emblemáticas deste festival mediante códigos QR inseridos nos debuxos.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!