Ponteareas | Varias decenas de militantes e simpatizantes do BNG veñen de organizar para o vindeiro sábado 24 de maio un xantar de confraternidade para conmemorar o 30 aniversario da entrada do BNG no Concello de Ponteareas, en 1995.
Nas eleccións municipais celebradas o 28 de maio dese ano, a candidatura do BNG, encabezada por Roberto Mera, acadou un logro histórico para o nacionalismo obtendo representación municipal por vez primeira e tres concelleiros, o propio Mera, ademais de Bolívar González e Francisco Eiró.
No ano 1991 o BNG obtivera pouco máis de 300 votos, pero o traballo social no ámbito cultural e ecoloxista xunto coa oposición política durante os catro anos seguintes, protagonizada por unha xeración de mozos e mozas enfrontados ao poder local de José Castro e o Partido Popular, traducíuse en máis de 1.600 votos en 1995 e abríu unha etapa de crecemento e consolidación do BNG que acadaría o seu cumio coa alcaldía do BNG e de Xosé Represas en 2015.
Entre os organizadores do evento conmemorativo atópanse o propio Mera, anteriores concelleiros e concelleiras como Berta Chivite, Xurxo López, Nahir Covelo, Fernando Groba ou Serxio Covas, exreponsabeis locais do BNG como Francisco Xabier Gil ou de Galiza Nova como Santiago Domínguez.
No acto tamén se renderá homenaxe en lembraza do primeiro alcalde do BNG, Xosé Represas, coincidindo co cuarto cabodano do seu pasamento, o 24 de maio de 2021.
O xantar terá lugar o sábado 24 de maio ás 14:00 no Restaurante Casa Rivero, en Bugarín (Ponteareas), o prezo é de 30 euros e as reservas poden facerse até o martes 20 por whatsap ou por teléfono no número 632113122.