"Na agricultura fai falla menos burocracia e máis consumo local"

Entrevista a Lino Rivas Barbeito, un agricultor mozo, que hai catro anos adicouse á agricultura apostando pola horta ecolóxica e sostible.
Lino Rivas Barbeito é un dos cada vez máis mozos galegos que deciden buscar o seu futuro na agricultura. No seu caso, despois de licenciarse en Bioloxía, decidiu coller o relevo na explotación familiar de vacún de leite que os seus pais tiñan no lugar de As Cortes, no concello de Ames (A Coruña) e reorientala cara á horta. Despois de catro anos de duro traballo Lino valora positivamente a súa decisión.
-A agricultura en Galicia é unha profesión moi envellecida. Por qué un mozo coma ti decidiu dar o paso para dedicarse á agricultura?
Porque non tiña traballo derivado dos meus estudos e porque xa tiña moita infraestructura deste sector: maquinaria, terra, experiencia etc…que supuxeron unha axuda moi importante para poder comezar.
-Contaches con apoios por parte da Xunta cando decidiches dar este paso?
Non, pero tampouco os busquei. Supoño que a otras persoas faranlle máis falta.
-Cóntanos un pouco qué produces e con canta superficie contas.
Traballo só uns 4000 metros cuadrados, con dous invernadoiros. Podería traballar máis pero non o podería atender. Teño practicamente de todas as legumes de horta no seu tempo. Paréceme fundamental que os consumidores volvan a recuperar o gusto polos produtos de temprada e que sexan da agricultura local e por tanto sostible.
-Cómo valoras o camiño percorrido ata agora e que consellos lle darías a unha persoa que decida dedicarse á agricultura?
A miña experiencia é boa. Pero tamen é certo que non partía de cero, xa que contaba con terras e maquinaria e tamén cos coñecementos herdados da miña familia. Eu creo que é importante sobre todo informarse das axudas que existen e asociarse con outros productores.
Apoio á agricultura local e sostible
-Eres membro de Lentura, unha asociación de produtores da comarca de Santiago. Explícanos cómo funciona e por qué dediciches integrarte nela?

A asociación Lentura é un grupo de xente que se uniu para poñer en valor a agricultura e os usos e costumes do rural cultivando en ecolóxico e de forma sostible. Temos a comercialización conxunta e xuntámonos para planificar, para formarnos e para axudarnos mutuamente en coñecementos e en traballo. Para min Lentura foi o empuxón definitivo, porque en asociación podes facer máis traballo e chegar cos teus productos a máis xente.
-Qué lle solicitarías ás administracións e á sociedade en xeral para apoiar aos agricultores mozos?
Á administración, máis que nada que non se poñan máis trabas burocráticas. E á sociedade que consuma produtos locais, cultivados de xeito ecolóxico e de tempada, porque é bó para a súa saúde e dos seus fillos, é bó para o medioambiente e axuda a que os agricultores da súa localidade ou comarca podamos vivir do noso traballo.
-Qué plans tes para a túa explotación?
Polo momento seguir coma agora. No futuro quizais modificar o número de cultivos e o seu tamaño

*Tomado de Galiciaconfidencial.com

Outros artigos