Monforte organiza visitas guiadas e gratuítas á zona de ámbito xudeu

As visitas serán comentadas polo investigador monfortino Felipe Aira

Monforte de Lemos | O Concello de Monforte conmemora o domingo 6 de setembro a Xornada Europea da Cultura Xudía, a través da organización de dúas visitas comentadas á zona de ámbito xudeu de Monforte, con saída diante da Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio, 6) ás 11:30 e ás 18:00 horas.

Esta actividade intégranse dentro do programa do Verán Cultural organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte. As visitas correrán a cargo do investigador monfortino Felipe Aira, sendo estas gratuítas e cunha duración aproximada de hora e media. É preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo.

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 cidades e poboacións de España, á Asociación da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, o cal representa un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade. Na foto as visitas do ano pasado.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.